sábado, 12 de mayo de 2012

FASE DE ASCENSO


COMIENZA EL TORNEO
    Hoy viernes comenzó la Fase de Ascenso  A Coruña 2012  con un encuentro entre Autos Rico UDC y Universidad de Burgos, con una duración de 01 h 51 m, que finalizó con un resultado de 3-2 favorable a las universitarias coruñesas. Un partido que se caracterizó por su igualdad en todos sus parciales, que hubo de decirse en “tie-break”.     LEER MAS+  

VER FOTOS DEL TORNEO

lunes, 7 de mayo de 2012

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

   Rematado o Campionato de España Xuvenil Feminino, no que na fase final o Zalaeta quedou encadrado no grupo 6 para xogar a clasificación de 13 ó 24. Neste grupo o primeiro partido foi contra VB Teruel que cunha duración de 43m  finalizou  2-0   (25-18 e 25-21) favorable as coruñesas que resolveron fácil e rápidamente o compromiso. Xa pola tarde o mesmo venres as 18:00 o enfrontamento foi co EM Alhaurin el Grande, que tivo unha  duración de 51m., e rematou tamén 2-0 (25-19 e 25-22). Partido mais intenso que o anterior no que parece que o exceso de confianza a piques estivo de facilitar a remontada das malagueñas.
   Estas vitorias dan paso a disputar os postos do 13 ó 16, cun primeiro enfrontamento contra VB Torrejón,  o que tamén se lle vence por 2-0 en 59 m., pero sendo un partido moi axustado: 30-28 e 25-19, no que o Fisiomás Zalaeta non presentou a sua mellor cara. O derradeiro encontro ten lugar no polideportivo Sant Joan as 17:30 contra  Volei Grau Castellón, cunha duración de 52m, co mesmo resultado de 2-0 (25-23 e 25-20), sendo este  probablemente  o mellor encontro disputado nesta 2ª fase, que foi o que deu a clasificación definitiva, o 13º lugar. Clasificación que non cumpre as espectativas dos adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto, que inicialmente esperaban meterse na loita polos 12 primeiros, pero que as vitorias incontestables en todos os partidos desta fase aproxima o equipo a seu sitio despois do mal partido contra Volei Murcia que marcou o presente campionato. Campionato que foi gañado por VB San Cugat, seguido de Aguere Caja Siete e Unicaja Almería, 4º posición para as vencedoras de 2011 Gran Canarias 2014, e un meritorio 6º posto para o EMEVE de Lugo.

jueves, 3 de mayo de 2012

RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA

   Finaliza a primeira volta cun enfrontamento entre AD Almendralejo e Fisiomás Zalaeta, que con unha duración de 01h 03m, rematou con vitoria das coruñesas por 0-3, con parciais 15-25, 10-25 e 17-25.
    AD Almendralejo: 1 Gonzalez G. (C), 5 Saladop BL (L), 6 Rama, 14 Saladop BE, 13 Gonzalez F, 4 Carranza, 16 bote, 3 Corral, 8 Pérez e 2 Villena.
    Fisiomás Zalaeta: 10 Maca (C), 18 Paula M. (L), 7 Marta, 5 Jessy, 9 Antía, 11 Rita, 3 Sofi, 1 Amara, 6 Patri, 2 Lydia e 4 Paula L. 
   Partido de trámite que ía decidir os 3º e 4º posto entre dous equipos que non tiñan opción de pasar a loita para decidir os postos do 1º ó 12º , e que foi claramente para o Zalaeta que non deu opción as estremeñas ás que derrotou en 3 sets amosando un bon nivel de xogo moi superior as rivais.
   Así os dous equipos pasan a xogar polos postos do 13 ó 24, quedando os grupos como sigue.
   Seguintes partidos contra Teruel, venres as 10:00, e contra Alhaurín as 18:00.
  












 Pola sua banda, destacar que o EMEVE rematou 1º de grupo con tres vitorias e un só set encaixado, quedando encadrado no grupo 4 na loita polos postos do 1º ó 12º.

miércoles, 2 de mayo de 2012

RESULTADOS CAMPIONATO DE ESPAÑA

   Deu comenzo as 09:00 h. desta mañá o torneo para o Fisiomás Zalaeta, cun enfrontamento co equipo favorito para alzarse co triunfo no presente campionato, o Gran Canaria 2014. O encontro, que tivo unha duración de 01h 37m, finalizou cun resultado de 3-1, favorable as canarias, con parciais 21-25, 25-12, 25-21 e 25-12.
   Gran Canaria 2014: 5 Nsungimina (c), 1 Guerra (L), 2 Muñoz, 4 Solana, 8 Valle, 9 Barrasa, 13 Alduán, 14 Lozano, 16 Manzano, 17 Korff e 18 Becares.
   Fisiomás Zalaeta: 10 Maca (C), 18 Paula M. (L), 7 Marta, 5 Jessy, 9 Antía, 11 Rita, 3 Sofi, 1 Amara, 6 Patri, 2 Lydia e 4 Paula L.
   Gran comenzo de partido para o Zalaeta que se fixo co primeiro set desplegando un gran xogo que sorprendeu as vixentes campionas do torneo do 2011, de modo que parecía que se ía producir a sorpresa xa ó comenzo da primeira rolda. Non foi así, xa que o Gran Canaria recuperouse no 2º set  e impúxose con claridade ás coruñesas, que continuaron con un bon nivel, logrando poñer en apuros ás rivais no 3º parcial  pero sin poder coa superioridade canaria que realizaron un gran 4º set para rematar o partido.


   Xa pola tarde tiña lugar o 2º encontro de grupo, nesta ocasión contra o Volei Murcia, que tivo unha duración de 02h 38m, e finalizou cun resultado favorable as murcianas por 2-3, con parciais 25-19, 20-25, 18-25, 25-21 e 14-16.
   Fisiomás Zalaeta: 10 Maca (C), 18 Paula M. (L), 7 Marta, 5 Jessy, 9 Antía, 11 Rita, 3 Sofi, 1 Amara, 6 Patri, 2 Lydia e 4 Paula L. 
   Volei Murcia:  2 Del Nero (C), 8 Perales (L), 7 Tripiana, 13 Ruiz, 10 Valera, 11 Cánovas, 9 Palazón, 6 García Calvo, 14 Martinez, 5 De Las Heras e 4 Cano.
   Este era un partido que estaba ó alcance da man das do instituto, pero que non foron capaces de manter o nivel que mostraron pola maña contra G. Canarias, e ante un Volei Murcia que se empregou a fondo, tiveron moitas dúbidas, e ainda que comenzaron gañando, cederon os 2º e 3º parciais para recuperarse no 4º e caer no "tie-break" cando ían por diante, e con moitos erros non lograron rematar o partido. Mañá día 3 partido contra A.D. Almendralejo as 11:00.
  

lunes, 30 de abril de 2012

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO

   Esta seman comenza en Sant Joan D`Alacant, Alacant, o XXXV Campionato de España  de Voleibol Xuvenil Feminino que se celebrará dos días 2 o 6 de Maio, e que contará coa presencia de dous equipos galegos, o Laboratorios Nupel EMEVE  e o Fisiomás Zalaeta, campión e subcampión galego respectivamente. Os equipos realizan hoxe os desprazamentos para comenzar a COMPETICIÓN o mercores, mencionar que no Zalaeta é inicialmente baixa por lesión a central Andrea , e que no EMEVE a tamén central Lucía sifriu unha grave lesión no derradeiro partido de preparación, precisamente na Coruña contra o Zalaeta, as que lles desexamos unha pronta recuperación.
   "Podemos decir que o CV San Cugat, gañador da Superliga Junior  celebrada no mes de febreiro, Gran Canaria 2014, vixente Campión de España, e Feel Volei Alcobendas, parten coma favoritos" para Jorge Barrero, Director Técnico da FGVB, "sin esquecer as lucenses do EMEVE, que sendo o equipo mais xoven dos favoritos, poden dar a sorpresa".
   Pedímoslle a J. Barrero que nos faga un análisis do que pode ser a priori este campionato, para quen "o Grupo A é de partida o mais igualado, no que o organizador, Gold Car Sant Joan, e o equipo canario Aguere Cajasiete, con Jessica Rivero, internacional absoluta e mellor atacante xuvenil de España, poden ser os primeiros clasificados de grupo, que comparten con Guadalajara e Caja Ávila que son equipos bastantes completos. No grupo C o claro favorito é CV Sant Cugat, e na loita pola 2º praza o Panel VB Torrejón pode ter opcións. No grupo D parten coma favoritos Feel Volei Alcobendas e Unicaja Almería, coas internacionales Ana Vallejo e Amelia Portero nas suas filas. O grupo E, moi igualado no que colocaríamos a EMEVE coma favorito seguido de RGC Covadonga, en no grupo F, o CVB Barça, equipo xoven e con gran altura, e o deporte Cantabria con bon rendemento neste tipo de campionatos, sin esquecer a Fundación Vedruna".
  Os dous primeiros clasificados pasarán a seguinte rolda na que se xogarán os postos do 1º o 12º.
 E xa para rematar, pregutámoslle a J. Barrero, tamén Secretario Técnico do CVI Zalaeta, cal pode ser o papel do Fisiomás Zalaeta neste Campionato, para o que conta coa incorporación de Antía Rodriguez concentrada coa selección permanente: "No noso grupo, o B, a primeira praza parece reservada para o Gran Canaria 2014, actual campión e con cinco intenacionais nas suas filas, e o nosos obxetivo debe de estar en superar a Almendralejo e Murcia, que resultarían asequibles si xogamos a bon nivel".
   Ese sería o noso obxetivo para situarnos entre os doce primeiros e tratar de superar o 9º posto do campionato do ano pasado.

   O sorteo deparou os seguintes emparellamentos por grupos: 
  

Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Grupo E
Grupo F
Goldcar S.Joan
Gran Canaria 2014
VB Sant Cugat
Feel Volley Alcobendas
RGC Covadonga
Fundación Vedruna
Caja Ávila CSC
AD Almendralejo
Playas Benidorm
Unicaja Almería
Emevé Lab. Núpel
Cantabria Deporte
Universitario Guadalajara
Voley Murcia
Panel VB Torrejón
Voleytextil V. del Campo
Volei Grau Castelló
CVB Barça
Aguere Cajasiete
Zalaeta
EM VB Alhaurín el Grande
UVA Physios MC
Voley Ciutat Cide
CAI VB Teruel

NOTICIAS.

   Finalizada a Fase final de 1ª División Masculina celebrada en San Sadurniño esta fin de semán, organizada polo CV Aldebarán, na que se impuxo o Intasa San Sadurniño, subcampión da liga galega. Gran competencia con pouco marxen de error para os equipos con partidos, en xeral moi axustados, que se decicían con escasa diferencia de puntos. Excelente traxectoria do Intasa San Sadurniño que non encaixou ningunha derrota e tan so cedeu 3 sets, dous deles ante o outro representante galego (2-3), o Nautico de Boiro, no que foi o partido mais tenso e mais apretado do campionato que tivo que decidirse no "tie-break". O boiro Voleibol finaliza en 3ª posición despois dunhas xornadas irregulares nas que rematou perdendo co CV Melilla.
   Noraboa os campions polo xogo desplegado e ese merecido triunfo.

   Tamén o domingo tiña lugar no Liceo La Paz da Coruña o Campionato de Galicia Cadete Feminino, que  enfrentaba nunha 1ª rolda pola mañá, ós equipos Liceo-CV Ourense e Teis-Pinguela, resultando vencedores, Ourense e Pinguela, que deste modo obtiñan praza para o Campionato de España. Pola tarde celebráronse as finais, para o 3º e 4º posto entre o Liceo e Teis,  con vitoria para as viguesas nun partido moi disputado. A continuación a final foi para o CV Ourense nun partido que dominaron de principo a fin ante un Monforte que non puido en ningún momento alcanzar o nivel das de Ourense, que con un 3-0 proclámanse Campionas galegas. Felicidades par o CV Ourense campión galego 2012.
  

miércoles, 25 de abril de 2012

NOTICIAS.

   O próximo fin de seman celebraranse a finais dos Campionatos de Liga correspondentes as categorías Cadete Feminino e Masculino.
   En Lugo, na Casa do Deporte, xogaráse a final masculina que contará coa participación do CV Vigo, EMEVE, CV Ourense e Voleibol  Dumbría, que remataron a liga regular nese orden. O sorteo deparou os seguinte enfrontamentos: CV Vigo-Voleibol Dumbría e EMEVE- CV Ourense. O CV Vigo parte coma favorito seguido do EMEVE, ainda que a competición pode depararnos algunha sorpresa, posto que se espera que sexan moi competidos os partidos xa que hai dúas prazas en xogo para o campionato de España da categoría a celebrar en Murcia.

   A categoría Feminina, disputará a final no Colexio Liceo La Paz da Coruña, onde se enfrontarán en xornadas de mañá e tarde, os catro primeiros clasificados da Liga Regular: CV Ourense, Liceo La Paz, Xuvenil Teis e AD A Pinguela. Os emparellamentos son: CV Ourense-Liceo e Pinguela-Xuvenil. Igualmente espérase que sexan disputados o haber dúas prazas para xogar o Campionato de España da categoría a celebrarse en Barcelona.

   Tamén este fin de semán, os días 27, 28 e 29 disputaráse en San Sadurniño no Pavillón Municipal, a fase final de 1ª División Masculina orgaizada polo CV Aldebarán e na que participarán os equipos C.V. Melilla, AD Voleibol Almendralejo, C.N. Sabadell, C.V. Santa Pola, e os representates do Voleibol galego Náutico Boiro Voleibol e Intasa San Sadurniño. A competición nesta fase será en formato de liguilla a una volta, e dela sairán os ascensos a liga FEV Masculina.
   Neste link, podedes ver o VIDEO DE PRESENTACIÓN.

viernes, 20 de abril de 2012

NOTICIAS.


   Continúa o eco do éxito das diferentes Seleccións Galegas de Voleibol no CESSA 2012. Nesta ocasión  é o diario da Coruña, La Opinión o que leva ás súas páxinas deportivas a noticia: "Galicia pone los cimientos" que tamén podemos ver no seguinte enlace:
NOTICIA
         

martes, 17 de abril de 2012

NOTICIAS VARIAS.

   Xa está en marcha o XXXV Campionato de España de Voleibol Feminino que se celebrará el San Joan de  Alacant, Alicante, do próximo día 2 ó 6 de Maio, e que contará coa participación do C.V.I.Zalaeta. Aquí podedes ver o resultado do SORTEO.

   A Selección Española Junior Masculina xogará o próximo Campionato de Europa despois de imporse a Rumania por 3-0 no derradeiro día do preeuropeo disputado na República Checa. Ver noticia.
   En cambio a Selección Feminina, despídese do Europeo tras perder 3-1 con Croacia tamén na derradeira xornada, nun grupo no que o tiña realmente moi complicado. Ver noticia.


Programa 24
   O estupendo programa da TVG, Cancha Junior, emite de novo un programa con unha reportaxe sobre Voleibol. Nesta ocasión preséntanos as seleccións Infantil Feminino e Cadete Masculino que representaron a Galicia no recén finalizado CESSA. A reportaxe sobre volei comenza no minuto 18:26, pero recomendamos ver o programa completo.

"Programa onde o deporte base é o protagonista e vemos aos campións máis novos en acción".

domingo, 15 de abril de 2012

NOTICIAS.

   Onte sábado 14, finalizou en Blanes o Campionato de Seleccións Autonómicas 2012, no que Galicia participou con catro equipos obtendo uns magníficos resultados. Todos os equipos pasaron á primeira rolda, e tres deles chegaron a semifinais. Os compoñentes da expedición regresaron satisfeitos das prestacións deportivas dos seleccionados, e da súa actitude tanto dentro coma fora da cancha. Os resultados foron os seguintes:
   Infantil Femninino: Galicia 2º posto, Campión Catalunya.
   Infantil Masculino: Galicia 4º posto, Campión Andalucía.
   Cadete Feminino: Galicia 4º posto, Campión, Catalunya.
   Cadete Masculino: Galicia 5º posto, Campión Andalucía.
   Na excelente web oficial do Campionato podemos ver os RESULTADOS, así coma estatisticas, fotografías etc.
   Noraboa a todos os deportistas, adestradores e responsables de levar adiante este importante evento con éxito.

   MARATON A CORUÑA42
   Con gran éxito de participación celebrouse o 1º Maraton A Coruña42. Mais de mil corredores disputaron polas rúas da Coruña unha carreira na que se fixo co triunfo o etíope A. Tewodroj (2:19:47), sendo o 2º clasificado o galego Jorge Crespo (2:34:50), e en mulleres, María Cabadas fíxose co título galego feminino.
   Gran afluencia de público animando ós corredores e moi participativo nas actividades que paralelamente o discurrir da carreira se celebraron o longo do circuito. O Club Voleibol Instituto Zalaeta estivo presente na praia de Riazor onde, pese as inclemencias do tempo, celebrou o Maraton de Volei Praia. Dende aquí agradecemos ós asistentes a súa participación, e animamos á práctica desta especialidade da que está a punto de comenzar a tempada.